Gastronomía

Zona de bo clima e terras fértiles; O Rosal é o lugar axeitado para o deleite de platos elaborados con productos típicos da zona: mariscos (percebes), carnes, peixes e productos agrícolas. Nos nosos restaurantes sobresae o bo facer da lamprea, angula e outras especialidades gastronómicas de temporada, que son acompañados cos nosos excelentes viños da denominación de orixen Rías Baixas. En canto a postres é de obligación para os nosos visitantes probalos mirabeis, pequeño froito orixinario de Europa Central e que foi implantado na nosa zona no ano 1935, por Don Xosé Sánchez García, mestre, alcalde de O Rosal e fundador da 1ª fábrica de conservas vexetais de Galiza en 1937. Tamén son recoñecidas no Rosal as marmeladas caseiras e mirabeis en almíbar elaborados polas Monxas Carmelitas de clausura do convento do Rosal. Productos da horta de magnífica calidade son cultivados o aire libre ou baixo abrigo: tomates, leitugas, pementos,… que grazas as asociacións de agricultores é posible a sua comercialización a gran escala.

 
  • Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
Gastronomía-Festas
O Viño do Rosal
O Tempo
O Rosal
20°C
O Rosal 20°C